martes, 28 de octubre de 2008

XUNTA DE FACULTADE DO 27 DE OUTUBRO


Na Xuta de Facultade de onte aprobouse a estrutura dos graos de Pedagoxía (53 a favor, 1 en contra e 18 abstenións), Educación Social (50 a favor, 1 en contra e 12 abstencións), Mestre en Educación Infantil (37 a favor, 1 en contra e 18 abstencións) e Mestre en Educación Primaria. (31 a favor, 0 en contra e 10 abstencións).

Deuse carta verde a continuar traballando nas fichas das materias, mais as comisións deben estudar as propostas feitas na Xunta de Facultade, entre elas a revisión terminolóxica dalgunhas expresións coma "sistemas formativos en organización comunitarias e laborais", no canto do actual "sistemas formativos non formais e laborais" ou "aprendizaxe de lectura e escritura" polo actual "aprendizaxe de lectoescritura", tamén estudarase a inclusión de materias coma "técnicas de educación e formación en grupo" e "Pedagoxía da inclusión" en Pedagoxía, a situación lingüística que vive Galicia coma factor de inclusión - exclusión en Educación Social, as novas tecnoloxías e a educación intercultural nos graos de mestre...

Aprobouse a concesión da Insignia de Oura da Universidade, a título póstumo, ao profesor D. Gonzalo Anaya Santos.

Os representantes de alumnos solicitaron que tivese lugar antes do 15 de novembro a reunión informativa co estudantado que reclamamos por primeira vez fai un ano, reclamouse a necesidade dun taboleiro informativo no Campus Norte e outro no Campus Sur a disposición do alumnado para intercomunicarse, fíxose saber que no Campus Norte o alumno non dispón de tinta no aula de informática dende fai un ano, fíxose chegar a voz dun alumno interesado pola lectura de xornais doutra condición ideolóxica no punto de lectura da facultade e o grupo IESGA reclamou resposta ás propstas feitas o ano pasado.

viernes, 24 de octubre de 2008

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES PARA XUNTA DE FACULTADE

A Universidade vén de convocar eleccións de representantes de diferentes sectores (entre outros, estudantes de 1º, 2º e 3º ciclo) para Xuntas de Facultade.





Os prazos do proceso electoral son os que seguen:

  • Reclamacións ante a Secretaría Xeral contra o censo provisional: do 24 ao 29 de outubro.

  • Recurso ante a Comisión Electoral Central contra o censo: do 3 ao 5 de novembro.

  • Presentación de candidaturas: do 11 ao 19 de novembro.

  • Votacións: o 17 de decembro.



Máis información en http://www.usc.es/eleccions2008/2

Dende aquí animávosmos para que vos presentedes, ou cando menos vos acheguedes a votar, e así podamos colaborar e ter máis forza nos órganos colexiados da nosa facultade!

jueves, 23 de octubre de 2008

CURTAS NA REDE 2008


O 28 de outubro ten lugar no Teatro Colón de A Coruña o III concurso de curtametraxes na rede convocado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello de Xunvetude de Galicia.

Se vos interesa asistir enviade un correo a informacion@curtasnarede.es ou chamade ao número de teléfono 981569560.

Dende aquí, animámosvos a participar!

viernes, 17 de octubre de 2008

25 ANOS DE PARTICIPACIÓN XUVENIL EN DEMOCRACIA. PREMIOS CJE.


O "Consejo de la Juventud de España"( CJE ), cumpre 25 anos, e para celebralo acaba de convocar os premios " 25 años de participación juveníl en democracia CJE"

Se tes entre 14 e 30 anos podes participar neste concurso ata o 14 de novembro.

Para isto só tes que representar a importancia da participación xuvenil dentro da nosa sociedade a trevés de:

  • Unha reportaxe periodística: 2000 euros de premio + publicación
  • Unha tira de Cómic: 1500 euros de premio + publicación
  • Unha fotografía a toda cor : 1000 euros + publicación
Para ter máis información sobre os requisitos que teñen que cumplir as reportaxes, comics e fotos, consultade o documento de bases sito na páxina web.

jueves, 16 de octubre de 2008

"CONTRATO DE MAESTRAS DE 1923"

Un curioso exemplar das condicións de traballo das maestras no primeiro cuarto do século XX.

Quen de nós estaría disposta a firmalo? Quen de nós rexeitaría viaxar, ir ás xeaderías da cidade, saír da casa despois das 8 da tarde...? Quen estaría disposta a levar dúas enaguas e unha falda que non superase os cinco centímetros por enriba dos nocellos?

Dende logo un contrato curioso, que non estaría de máis mostrar, e por que non, estudar.

2º CONGRESO IBÉRICO "A FENDA DIXITAL"

A fin de semana do 21 ao 23 de novembro de 2008 terá lugar en Silleda o II Congreso Ibérico "A fenda dixital", que terá este ano coma tema de debate as TIC coma ponte entre a escola e a comunidade.

O número de prazas é ilimitado, pero o prezo de inscrición varia. Para os estudantes que se inscriban antes do 1 de novembro serán 15€, a partir de entón e ate o 19 do mesmo mes serán 20€. A asistencia ao congreso está recoñecida con 1 crédito de libre configuración polas tres universidades galegas (só para Facultades de Ciencias da Educación e Escolas de Maxisterio).

Podede opter o resto da información descargando o tríptico.

SIMPOSIO ILG 2008. TOPONIMIA E CARTOGRAFÍA.

Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2008 abordará o tema Toponimia e cartografía.

Será validado por un crédito de libre configuración, e a inscrición custa 30€.

Se queredes máis información, podédela atopar na seguinte páxina web: http://ilg.usc.es/ilgas/simposio_2008/

lunes, 13 de octubre de 2008

COMISIÓN DOS PLANOS DE ESTUDO DE EDUCACIÓN SOCIAL E PEDAGOXÍA

O pasado martes 7 de outubro, reuniuse a Comisión da nosa facultade que traballa no logro duns Planos de Estudos que alegren a tódolos sectores.

O Grao en Educación Social, despois das propostas realizadas antes do parón veraniego e unha vez incorporadas estas, prosigue camiño. A facultade pasa a ser informada da situación actual do plano e profesores especialistas en cada materia tratarán de acompañar de contido o que ate agora só eran nomes de asignaturas.

Se vos interesa podedes descargar as alegacións e as respostas a estas dos comités de espertos, así coma a proposta consensuada na comisión do pasado martes a carón do Plano de Educación Social.

O Grao en Pedagoxía non discorre coa mesma celeridade. O perfil profesional e o fincapé nas distintas áreas de coñecemento supón diversidade de opinións. Comeza agora un novo prazo de debate nos departamentos, nas áreas, no alumnado... todo para lograr un plan educativo acorde a tódolos sentimentos.

Seguiremos informando!

lunes, 22 de septiembre de 2008

AXUDAS E CURSO DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA

O Ministerio de Educación, Política Social y Deporte (MEPSYD), en colaboración coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), convocou 18.000 axudas para realizar un curso de inmersión en lingua inglesa.
Poderán solicitar estas axudas tódolos estudantes universitarios, de ciclos formativos, de grao superior ou de outros estudios superiores que teñan cursado os seus estudos nos cursos 2007 - 2008 ou 2006 - 2007 coa bolsa do polo entón Ministerio de Educación e Ciencia e que non teñan cumprido 30 anos a 31 de decembro de 2009.
Os cursos terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en Barcelona, A Coruña, Cuenca, Granada, La Linea de la Concepción, Madrid, Santander, Sevilla, Tenerife e Valencia, no periodo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 22 de decembro de 2009.
Os grupos constarán de 15 alumnos organizados en tres niveis distintos. Cada grupo disporá de 3 profesores e un auxiliar de conversación que convivirán cos estudantes e participarn con eles en tódalas súas actividades, incluíndo as comidas e actividades de tempo libre. O contido do curso será exclusivamente oral.
A UIMP facilitará aos participantes o material didáctico necesario para o seguimento do curso.
A axuda do MEPSYD cubrirá tanto os costos do curso coma os de aluxamento en habitacións dobres e a manutención en réxime de pensión completa. Os participantes deberán abonar 100 euros en concepto de reserva de praza e matrícula.
Os estudantes que superen con éxito o curso de inmersión obterán un diploma acreditativo expedido pola UIMP.
O prazo para a solicitude das axudas conclúe o 20 de outubro de 2008.
MÁIS INFORMACIÓN:

Se houbera máis solicitudes que axudas convocadas daríase prioridade ás rendas máis baixas na adxudicación das axudas.

A resolución da convocatoria comunicarase a través do enderezo electrónico que o solicitante sinale.

Os bolseiros deberán realizar unha avaliación de nivel (test) a través de internet.

A información relativa á realización do test, cursos, elección de sede e semana... poderá consultarse a través da páxina web da UIMP.

jueves, 18 de septiembre de 2008

12 BOLSAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS PARA FILLOS DE EMIGRANTES GALEGOS

A Fundación Pedro Barrié de la Maza e o Banco Pastor convocan para o curso académico 2008-2009 un máximo de 12 bolsas para estudos universitarios de 1º, 2º e 3º ciclo en centros dependentes das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo.

A bolsa ten carácter anual (curso académico 2008 - 2009) e unha dotación de 5000 euros baixo costo da matrícula como alumno oficial, así coma os desprazamos dende o seu lugar de orixe ate o lugar onde realice os seus estudos, no suposto de que o estudante resida no estranxeiro.

O prazo de solicitudes remata o 10 de outubro de 2008. A documentación pode entregarse en calquera oficina do Banco Pastor ou nas sedes da Fundación en A Coruña e Vigo. No caso de que non existe ningunha oficina do Banco Pastor na localidade do solicitante, enviarase ao seguinte enderezo: Banco Pastor S.A. Dirección Comercial - Publicidad, Cantón Pequeño, 1, 15003, A Coruña.

Para calquera aclaración complementaria pode porse en contacto coa responsábel de programas de bolsas da Fundación Dona Monserrat Orta no enderezo electrónico becas@fbarrie.org ou no teléfono 981.060.089.


Bases da convocatoria segundo o convenio de Colaboración Universidades Galegas - Fundación Pedro Barrié de la Maza - Banco Pastor, para a concesión de bolsas a fillos de emigrantes galegos no estranxeiro.

Solicitude de convocatoria de bolsas para fillos de emigrantes galegos no estranxeiro.