domingo, 25 de mayo de 2008

BOLSAS DE COLABORACIÓN XUNTA DE GALICIA

40 bolsas de colaboración en departamentos destinadas ao alumnado do último curso de ensinanzas universitarias que acredite expedientes académicos excelentes.

Contía: 350€ mensuais.

Duración: ate un máximo de 9 meses (do 1 de outubro de 2008 ate o 30 de xuño de 2009).

Prazo de solicitude: 10 de xuño de 2008.


Requisitos:



  1. Non estar en posesión ou en disposición legal de obter o título académico de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.

  2. Matricularse na totalidade das materias ou créditos que resten para rematar os estudos e ter superado o 1º Ciclo e o 45% dos créditos que integran o 2º.

  3. Presentar o proxecto de colaboración (versará sobre algunha das materias troncais ou obrigatorias da titulación).

  4. Posuír unha nota media simple no seu expediente académico igual ou superior a 1’80.

Convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia o 9 de maio de 2008. Podedes descargar a orde en formato .pdf (adxunta solicitude).



Nota: pode que coñezades as bolsas de colaboración que ten ofertado o MEC, a convocatoria para o vindeiro ano aínda non saíu (será no mes de xullo), pero podedes descargar a Orde da convocatoria 2007 – 2008 e facervos unha idea dos requisitos, duración, contía, prazos e compara-las bolsas da Xunta coas do Ministerio.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL - SAEE

Se estás a punto de rematar a carreira ou es recén titulado, na área de orientación laboral pódente axudar:


  • Ofrecen información e asesoramento sobre pasos para a búsqueda de emprego, saídas profesionais, currículum vitae, prácticas de empresas, oposicións, másters, posgrao...

  • Orientación para a planificación do teu proxecto profesional.

  • Ofertas de emprego para universitarios.

Solicita cita ou información en: Area de Orientación Laboral. SAEE. Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Casas Reais. Nº8. Santiago de Compostela. Teléfono: 981563100. Extensión: 12850.


jueves, 22 de mayo de 2008

Certame Galego de Creadores Novos (Gzcrea 2008)

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.


Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2008.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o día 30 de xuño de 2008 (incluído)

Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade no seu caso.

Establécense os seguintes premios por especialidade:
Un primeiro premio de 3.000 euros
Un segundo premio de 1.500 euros
Un terceiro premio de 1.000 euros


Para máis información: http://www.gzcrea.com/08/web/notic.php?idc=1

martes, 6 de mayo de 2008

Bolsas e axudas para a asistencia ás actividades académicas do curso 2008 da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

A Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) ven promovendo para a súa sede en Santander, e Centros Docentes e de Investigación (CDI) de Cuenca, Galicia, Pirineos, Santa Cruz de Tenerife, Sevilla e Valencia, sendas convocatorias de bolsas que se dirixen, fundamentalmente, a estudiantes universitarios, e pos-graduados, segundo se establece no artigo 18 dos Estatutos da UIMP (R.D. 331/2002, de 5 de abril, publicado no BOE de 12 de abril de 2002).

Estas bolsas teñen por obxecto facilitar e promover a participación nos distintos cursos que a Universidade imparte a quen presenten unha brillante traxectoria académica. As bolsas e axudas adopatarán as seguintes modalidades:

a) Bolsa completa. A bolsa completa consistirá en que a Universidade proporcionará o aloxamento e manutención nas sáus instalación e a asistencia de balde ó curso ou seminario ó que se solicite asistir. En ningún caso a bolsa comprenderá os gastos de desprazamento que se deriven dende o lugar de residencia habitual do solicitante ata as instalacións da Universidade onde se imparte o curso, gastos que correrán sempre por conta do alumno.

b) Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comprenderá exclusivamente a asistencia de balde ó curso ou seminario ó que se solicite asistir.

As bolsas concederanse en réxime de concurrencia competitiva.



Máis información en: http://www.mec.es/

BOLSAS RAI

Estimados/as alumnos/as delegados/as de aula e representantes de estudiantes:

Dirixímonos a vós, como responsables das Aulas RAI da Facultade no Campus Norte e Sur, para solicitar a vosa colaboración de cara a informar aos vosos/as compañeiros/as da Convocatoria Xeral de Bolsas de Apoio para as aulas de Informática dos Centros para o curso académico 2008-2009.

Trataríase de informar das características da bolsa, os seus requisitos, o procedemento para solicitala, as datas, a súa duración, contía e indicarlles que para calquera consulta poden poñerse en contacto connosco, co responsable da Rede de Aulas de Informática da USC (Quico Hortas) ou a través da páxina WEB: http://www.usc.es/atic/rai.

Pasamos agora a detallarvos a información que consideramos de interese:
Finalidade da Bolsa: Dotar de prazas de bolseiros/as á Aula de Informática do centro. Esta convocatoria servirá para cubrir as vacantes que xurdan para o curso académico 2008-2009; así como as novas bolsas que se puideran crear neste período.
Requisitos académicos dos/as solicitantes: Estar matriculado/a no presente curso académicos 2007-2008 como alumno/a de 1º ou 2º Ciclo da USC.

Selección dos candidatos/as: Cada bolsa está adscrita a un centro determinado. A dirección do centro nomeará unha comisión para realizar a valoración dos méritos aportados por cada candidatura que, xunto coa puntuación dunha proba práctica realizada pola ÁREA TIC, única para a totalidade dos/as solicitantes, constituirá o baremo de elaboración da listaxe de aspirantes de cada centro.

Procedemento para solicitar a bolsa: As bolsas poderán solicitarse para calquera centro da USC, deberase cubrir unha solicitude e aportar a documentación correspondente para cada un dos centros nos que se desexe optar a unha Bolsa de Apoio. O modelo de Solicitude da Bolsa, procedemento para cubrila e documentación que se debe presentar atópanse na páxina web: http://ww.usc.es/atic/rai así como toda a información desta convocatoria.
Prazo e lugar de presentación das solicitudes e documentación: do 5 de maio ao 16 de maio de 2008 na secretaría do centro para que se solicita a bolsa, e dirixida ao decano do centro.
Dedicación e duración da Bolsa: 15 horas semanais de outubro a xuño, prorrogables ata 4 cursos académicos.

Contía da Bolsa: 2.268 euros brutos por curso académico distribuidos en 9 mensualidades de 252 euros.

Proba práctica, lugar e hora: Consistirá nun test de tipo técnico sobre distintos aspectos básicos (windows, linux, comunicacións, ofimática, servizos da rede...). Esta proba será única para a totalidade dos solicitantes. Será o vernes 23 de maio ás 16 horas na Aula “A” da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e esperamos que esta información vos interese de cara á vosa formación e a dos vosos/as compañeiros/as. Reiterando que para calquera aclaración sobre dita convocatoria estamos a vosa enteira disposición.
Sen outro particular recibide un saúdo dos Responsables das aulas RAI na Facultade no Campus Norte e Sur.

Eulogio Pernas Morado e Elisa Teresa Zamora Rodríguez.

Santiago de Compostela a 30 de abril de 2008.