lunes, 22 de septiembre de 2008

AXUDAS E CURSO DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA

O Ministerio de Educación, Política Social y Deporte (MEPSYD), en colaboración coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), convocou 18.000 axudas para realizar un curso de inmersión en lingua inglesa.
Poderán solicitar estas axudas tódolos estudantes universitarios, de ciclos formativos, de grao superior ou de outros estudios superiores que teñan cursado os seus estudos nos cursos 2007 - 2008 ou 2006 - 2007 coa bolsa do polo entón Ministerio de Educación e Ciencia e que non teñan cumprido 30 anos a 31 de decembro de 2009.
Os cursos terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en Barcelona, A Coruña, Cuenca, Granada, La Linea de la Concepción, Madrid, Santander, Sevilla, Tenerife e Valencia, no periodo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 22 de decembro de 2009.
Os grupos constarán de 15 alumnos organizados en tres niveis distintos. Cada grupo disporá de 3 profesores e un auxiliar de conversación que convivirán cos estudantes e participarn con eles en tódalas súas actividades, incluíndo as comidas e actividades de tempo libre. O contido do curso será exclusivamente oral.
A UIMP facilitará aos participantes o material didáctico necesario para o seguimento do curso.
A axuda do MEPSYD cubrirá tanto os costos do curso coma os de aluxamento en habitacións dobres e a manutención en réxime de pensión completa. Os participantes deberán abonar 100 euros en concepto de reserva de praza e matrícula.
Os estudantes que superen con éxito o curso de inmersión obterán un diploma acreditativo expedido pola UIMP.
O prazo para a solicitude das axudas conclúe o 20 de outubro de 2008.
MÁIS INFORMACIÓN:

Se houbera máis solicitudes que axudas convocadas daríase prioridade ás rendas máis baixas na adxudicación das axudas.

A resolución da convocatoria comunicarase a través do enderezo electrónico que o solicitante sinale.

Os bolseiros deberán realizar unha avaliación de nivel (test) a través de internet.

A información relativa á realización do test, cursos, elección de sede e semana... poderá consultarse a través da páxina web da UIMP.

jueves, 18 de septiembre de 2008

12 BOLSAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS PARA FILLOS DE EMIGRANTES GALEGOS

A Fundación Pedro Barrié de la Maza e o Banco Pastor convocan para o curso académico 2008-2009 un máximo de 12 bolsas para estudos universitarios de 1º, 2º e 3º ciclo en centros dependentes das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo.

A bolsa ten carácter anual (curso académico 2008 - 2009) e unha dotación de 5000 euros baixo costo da matrícula como alumno oficial, así coma os desprazamos dende o seu lugar de orixe ate o lugar onde realice os seus estudos, no suposto de que o estudante resida no estranxeiro.

O prazo de solicitudes remata o 10 de outubro de 2008. A documentación pode entregarse en calquera oficina do Banco Pastor ou nas sedes da Fundación en A Coruña e Vigo. No caso de que non existe ningunha oficina do Banco Pastor na localidade do solicitante, enviarase ao seguinte enderezo: Banco Pastor S.A. Dirección Comercial - Publicidad, Cantón Pequeño, 1, 15003, A Coruña.

Para calquera aclaración complementaria pode porse en contacto coa responsábel de programas de bolsas da Fundación Dona Monserrat Orta no enderezo electrónico becas@fbarrie.org ou no teléfono 981.060.089.


Bases da convocatoria segundo o convenio de Colaboración Universidades Galegas - Fundación Pedro Barrié de la Maza - Banco Pastor, para a concesión de bolsas a fillos de emigrantes galegos no estranxeiro.

Solicitude de convocatoria de bolsas para fillos de emigrantes galegos no estranxeiro.