Poderán solicitar estas axudas tódolos estudantes universitarios, de ciclos formativos, de grao superior ou de outros estudios superiores que teñan cursado os seus estudos nos cursos 2007 - 2008 ou 2006 - 2007 coa bolsa do polo entón Ministerio de Educación e Ciencia e que non teñan cumprido 30 anos a 31 de decembro de 2009.
Os cursos terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en Barcelona, A Coruña, Cuenca, Granada, La Linea de la Concepción, Madrid, Santander, Sevilla, Tenerife e Valencia, no periodo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 22 de decembro de 2009.
Os grupos constarán de 15 alumnos organizados en tres niveis distintos. Cada grupo disporá de 3 profesores e un auxiliar de conversación que convivirán cos estudantes e participarn con eles en tódalas súas actividades, incluíndo as comidas e actividades de tempo libre. O contido do curso será exclusivamente oral.
A UIMP facilitará aos participantes o material didáctico necesario para o seguimento do curso.
A axuda do MEPSYD cubrirá tanto os costos do curso coma os de aluxamento en habitacións dobres e a manutención en réxime de pensión completa. Os participantes deberán abonar 100 euros en concepto de reserva de praza e matrícula.
Os estudantes que superen con éxito o curso de inmersión obterán un diploma acreditativo expedido pola UIMP.
O prazo para a solicitude das axudas conclúe o 20 de outubro de 2008.
MÁIS INFORMACIÓN:
Se houbera máis solicitudes que axudas convocadas daríase prioridade ás rendas máis baixas na adxudicación das axudas.
A resolución da convocatoria comunicarase a través do enderezo electrónico que o solicitante sinale.
Os bolseiros deberán realizar unha avaliación de nivel (test) a través de internet.
A información relativa á realización do test, cursos, elección de sede e semana... poderá consultarse a través da páxina web da UIMP.
0 comentarios:
Publicar un comentario