En días pasados celebramos reunións de presentación ao conxunto do profesorado e representantes de estudantes dos documentos iniciais de novos planos de estudo, que se desenvolveron nun clima construtivo e de debate académico.
Tal como se acordou na Xunta de Facultade celebrada o 20 de xuño, ábrese un prazo ata o día 4 de xullo ás 14 horas para que profesorado e alumnado poida presentar nas oficinas do decanato (en papel ou vía correo electrónico) as achegas, suxestións ou observacións que considere oportunas.
Parece convinte que estas propostas, que poden ser de engadido, supresión ou cambio, vaian argumentadas e concretadas en alternativas.
As comisións estudarán as achegas, procurando integralas nun novo documento, sobre o que no mes de setembro decidirá a Xunta de Facultade.
Sobre este documento, resultado do acordo inicial, seguiranse elaborando os novos graos, que prevemos que estean finalizados a finais de novembro para a súa aprobación en Xunta de Facultade.
Propostas dos distintos Comités:
Grao en Educación Infantil.
Grao en Educación Primaria.
Grao en Educación Social.
Grao en Pedagoxía.
martes, 24 de junio de 2008
ABERTO PRAZO DE SUXESTIÓNS
Publicado por Representantes en 17:59 0 comentarios
Etiquetas: EEES
martes, 17 de junio de 2008
COMISIÓN DO LUNS 16 DE XUÑO
O proceso de elaboración dos novos Planos de Estudo atópase na actualidade na presentación por parte dos comités das súas propostas ás comisións, para aprobalas ou enmendalas.
Onte (16.06.2008) tivo lugar a primeira reunión da Comisión dos Graos de Educación Social e Pedagoxía, na que os respestivos comités presentaron as súas propostas e debatiuse sobre posíbeis enmendas, sen chegar a novo acordo.
Mañá (18.06.2008) están convocados a unha reunión sobre a elaboración dos Planos de Estudo de Educación Social e Pedagoxía os representantes de alumnos da nosa Facultade e o profesorado que imparte actualmente nestas carreiras.
En dita reunión exporase a proposta elaborada polos Comités de Educación Social e de Pedagoxía, aclararanse as dúbidas sobre os documentos presentados e daranse as orientacións sobre a recollida de suxestións e a continuación do procedemento de traballo no proceso de elaboración dos Planos.
Así pois, a partir de dita reunión, abrirase un 'turno de suxerencias' nas que todos a xeito individual ou conxunto podemos achegar as nosas propostas.
Sabemos que estamos en tempo de exames, pero o alumnado temos moito que aportar, por iso pregámosvos que lles botedes un vistazo ás propostas (adxuntadas nos ligazóns) e que nos remitades as vosas suxerencias, que nós faremos chegar nunha suxestión conxunta que faga referencia a tódalas ideas achegadas.
Podedes utilizar este espazo como foro, achegando as vosas ideas e debatindo, ou mesmo mandando un correo electrónico a eduusc@gmail.com.
Publicado por Representantes en 19:04 0 comentarios
Etiquetas: comisións e Xunta de Facultade, EEES
LIÑAS XERAIS DA USC
Os ligazóns que figuran a continuación son os arquivos elaborados pola Comisión de Titulacións do Clautro Universitario da USC para a elaboración dos novos Plans de Estudos que se adapten ao Real Decreto 1393/2007 de "Ordenación de las Enseñanzas Universitarias Oficiales".
Liñas Xerais da USC.
Proceso de Tramitación de Graos.
Proceso de Tramitación de Másters.
Publicado por Representantes en 18:40 0 comentarios
Etiquetas: comisións e Xunta de Facultade, EEES
CONVERXENCIA EUROPEA. IDEAS CHAVE DOS NOVOS PLANS DE ESTUDO.
- Cada curso académico terá 60 créditos. Recoñecerase cada crédito coma 25 horas de traballo, das cales entre 7 e 10 horas serán presenciais. Cada Grao compoñerase de 240 créditos a repartir en 4 anos.
- Diversificar a acción docente. Non só dar clases no aula, titorías e corrixir exames, senón tamén atención individualizada, seminarios, aulas de debate...
- Facilitar o estudo a distintas necesidades educativas. É un principio encadrado nos plans de estudos que se teñan en conta as circunstancias persoais do alumnado.
- Bolsas de estudo. Os préstamos estatais a interese cero serán un recurso máis (que na actualidade xa existe). As bolsas de estudo seguirán existindo, as súas cuantías dependerán, coma ate agora do Goberno.
- Antigos titulados. Os titulados cos plans antigos (os actuais) terán os mesmos dereitos laborais que aqueles que veñan posteriormente. En España xa teñen sucedido moitos plans de estudos, polo que se ten experiencia no ámbito. Os Licenciados en Pedagoxía / Psicopedagoxía / Educación Social / Maxisterios terán as mesmas posibilidades de acceso e promoción no mundo laboral que os Graduados en Pedagoxía / Psicopedagoxía / Educación Social / Maxisterios.
- Continuar a Posgrao. Ó doutoramento poderá accederse mediante un ano de master inicial (os master encamiñados á formación teñen perspectiva de integración profesional), que para os diplomados supoñerá unha pequena carga compensatoria.
- Cambio de nome.
- - A Diplomatura de Educación Social (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Social (catro anos).
- O Maxisterio de Educación Primaria (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria (catro anos).
- O Maxisterio de Educación Infantil (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Infantil (catro anos).
- O Maxisterio de Educación Musical (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria con mención en Educación Musical (catro anos).
- O Maxisterio de Lingua Estranxeira (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria con mención en Lingua Estranxeira (catro anos).
- A Licenciatura de Pedagoxía (catro anos) pasa a ser Grao en Pedagoxía (catro anos).
- A Licenciatura de Psicopedagoxía (catro anos) pasa a ser Master en Psicopedagoxía (60 créditos, previa titulación de Grao).
- O Curso de Adaptación Pedagóxica para profesorado de Secundaria pasa a ser Master. - Plans de Estudo.
- En primeiro curso de tódalas titulacións do Área de Ciencias Sociais terá que haber entre 34 e 60 créditos comúns a dita área (socioloxía, antropoloxía, economía, dereito...), de xeito que sexan validadas en calquera outra carreira de ciencias sociais.
- As mencións (= especialidades) serán as que xa existen na actualidade en Santiago (lingua estranxeira e educación musical) e ademais foméntase a creación de novas tecnoloxías, educación para adultos e biblioteca. Para obter unha mención haberá que cursar 36 créditos, pero non é obrigatorio tela cursado para exercer.
- A súa presentación definitiva espérase que sexa o 1 de xullo para o caso dos Graos de Maxisterio e o 1 de setembro para os Graos de Pedagoxía e Educación Social.
- Para elaborar os borradores de Grao e Master establecéronse comités de catro persoas (para establecer o perfil profesional).
- Para elaborar os proxectos de Grao e Master estableceranse tres comisións: 1. Pedagoxía e Educación Social, 2. Mestre Primaria e Infantil e 3. Master en Psicopedagoxía e Master para o profesorado de Secundaria. Estes últimos terán tamén a labor de deseñar a política de Posgrao, e a comisión de Mestre de Educación Primaria e Educación Infantil terán á súa vez que formar unha comisión mixta (Lugo – Santiago).
- Cada Comisión estará formada por os catro membros dos comités, a dirección dos departamentos implicados, a xestora académica e a representación estudiantil (dous de 1º e 2º Ciclo e un de 3º Ciclo).
Contamos cun Equipo Decanal que cree na necesaria participación do estudantado na política e na organización que guíe á nosa facultade, e especialmente considera importante a participación do alumnado na elaboración dos futuros Plans de Estudo. Os Representantes de Alumnos estamos aquí coma vía de representación. Queremos, e así no lo transmitiu tamén o Decanato, que nos propoñades as vosas dúbidas, as vosas iniciativas, as vosas necesidades, os vosos pensamentos... co fin de poder transmitir a opinión real de todo o conxunto estudiantil.
Publicado por Representantes en 17:52 0 comentarios
Etiquetas: EEES
CORTE NA REDE DA USC
O próximo fin de semán, os vindeiros días 21 e 22 de xuño, vaise realizar o cambio dos nodos troncais da rede de datos da USC, co obxecto de mellorar as prestacións da mesma. Este equipamento acaba de ser adquirido para ir progresivamente sustituindo o existente, que impedía mellorar as capacidades así como aspectos de seguridade e xestión da rede. Trátase dunha renovación tecnolóxica importante, despois de 14 anos de uso intensivo da actual tecnoloxía.
Estes traballos implican cortes no servizo de rede, segundo a seguinte planificación:
O sábado 21 realizarase o cambio de equipos do CPD e do nodo principal da rede, polo que haberá cortes prolongados en toda a rede, tanto interno como acceso externo.
O domingo 22 realizarase o cambio de equipos nos nodos da Facultade de Económicas e Casa da Balconada, polo que haberá cortes prolongados no servizo de rede nos Campus Norte e Histórico e, puntualmente, nos servizos de rede xerais.
O horario das intervencións, ámbolos dous dias, é de 9:00 a 22:00.
Publicado por Representantes en 17:45 0 comentarios
Etiquetas: usc difusión
domingo, 15 de junio de 2008
...e antes de rematar...
Publicado por Representantes en 17:32 0 comentarios
Etiquetas: congresos e conferencias
jueves, 5 de junio de 2008
CONFERENCIA DE ANNE PHILLIPS
Publicado por Representantes en 13:08 0 comentarios
Etiquetas: congresos e conferencias
5000 BOLSAS PARA MESTRES QUE QUERAN ESTUDAR INGLÉS NO ESTRANXEIRO
O Ministerio de Educación, Política Social e Deporte ven de convocar 5000 bolsas para estudantes e diplomados de maxisterio (en calquera das súas especialidades), dotadas dun importe de 4000€ cada unha, para a realización de cursos de inglés de 3 meses no estranxeiro.
As características e requisitos da beca resúmense nos seguintes puntos:
- 5000 axudas dunha contía de 4000€ por persoa para realizar un curso de mínimo 12 semanas e 20 horas lectivas por semana en Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nueva Zelanda, Reino Unido e República de Irlanda.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de xuño de 2008.
- O curso pódese realizar entre o 1 de setembro de 2008 e o 31 de agosto de 2009.
- As axudas están dirixidas a persoas nadas despois do 31 de decembro de 1977 que teñan finalizado a diplomatura de Maxisterio en calquera das especialidades nos cursos académicos 2006-2007, 2005-2006, 2004-2005 ou 2003-2004 ou ben estean rematando neste curso 2007-2008. Estes últimos teñen que ter superado o 65% dos créditos da diplomatura na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e estar actualmente matriculados na carreira.
Estas axudas foron convocadas na Resolución do 9 de maio de 2008 e publicadas no B.O.E. do mércores 28 de maio de 2008 (número 129).
Tamén podes acceder dende a páxina web de convocatoria de idiomas do Ministerio, ou facer directamente a solicitude.
Publicado por Representantes en 12:33 0 comentarios
Etiquetas: bolsas e axudas
O MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO OFRECE PÁXINAS WEB GRATIS DURANTE UN ANO
Publicado por Representantes en 12:22 0 comentarios
Etiquetas: outros