jueves, 5 de junio de 2008

CONFERENCIA DE ANNE PHILLIPS

A secretaría de Métodos convídavos o vindeiro mércores 11 de xuño de 2008 ás 17 horas no Consello da Cultura Galega á conferencia de Anne Phillips dentro do ciclo “O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)”, un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente.
Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Maiz ten como obxectivo abordar os debates e investigacións máis recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión culutral, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo, etc. Logo das intervencións de pensadores como Slavoj Zizek, Féliz Duque, Alberto Ruíz de Samaniego, Darío Villanueva, Héctor Díaz de Polanco, Josep Ramoneda, Ernesto Laclau, Fernando Castro Flórez, Anne-Marie Thiesse ou, recentemente José Luis Villacañas, a seguinte das intervencións no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) terá lugar o vindeiro mércores 11 de xuño ás 17 horas na Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Contaremos coa presenza de Anne Phillips, proferoa de Teoría do Xénero no Gender Institute da London School of Economics and Political Science, que falará sobre “O Multiculturalismo sen cultura”. (Texto da intervención para o debate)
Entre as obras de Anne Phillips destacan Multiculturalims without Culture (Princeton U. Press, 2007), Oxford Handbook of Political Theory (2006), Which Equalities matter? (Polity Press, 1999), The Politics of Presence (Carendon Press, Oxford 1995) e Democracy and Difference (Polity Press, Cambridge, 19).
Debido ao aforo do lugar de celebración do encontro prégase que os asistentes confirmen a súa asistencia no enderezo electrónico: loxistica@consellodacultura.org ou nos teléfonos 981957209 e 981957210.

0 comentarios: