O proceso de elaboración dos novos Planos de Estudo atópase na actualidade na presentación por parte dos comités das súas propostas ás comisións, para aprobalas ou enmendalas.
Onte (16.06.2008) tivo lugar a primeira reunión da Comisión dos Graos de Educación Social e Pedagoxía, na que os respestivos comités presentaron as súas propostas e debatiuse sobre posíbeis enmendas, sen chegar a novo acordo.
Mañá (18.06.2008) están convocados a unha reunión sobre a elaboración dos Planos de Estudo de Educación Social e Pedagoxía os representantes de alumnos da nosa Facultade e o profesorado que imparte actualmente nestas carreiras.
En dita reunión exporase a proposta elaborada polos Comités de Educación Social e de Pedagoxía, aclararanse as dúbidas sobre os documentos presentados e daranse as orientacións sobre a recollida de suxestións e a continuación do procedemento de traballo no proceso de elaboración dos Planos.
Así pois, a partir de dita reunión, abrirase un 'turno de suxerencias' nas que todos a xeito individual ou conxunto podemos achegar as nosas propostas.
Sabemos que estamos en tempo de exames, pero o alumnado temos moito que aportar, por iso pregámosvos que lles botedes un vistazo ás propostas (adxuntadas nos ligazóns) e que nos remitades as vosas suxerencias, que nós faremos chegar nunha suxestión conxunta que faga referencia a tódalas ideas achegadas.
Podedes utilizar este espazo como foro, achegando as vosas ideas e debatindo, ou mesmo mandando un correo electrónico a eduusc@gmail.com.
0 comentarios:
Publicar un comentario