- Cada curso académico terá 60 créditos. Recoñecerase cada crédito coma 25 horas de traballo, das cales entre 7 e 10 horas serán presenciais. Cada Grao compoñerase de 240 créditos a repartir en 4 anos.
- Diversificar a acción docente. Non só dar clases no aula, titorías e corrixir exames, senón tamén atención individualizada, seminarios, aulas de debate...
- Facilitar o estudo a distintas necesidades educativas. É un principio encadrado nos plans de estudos que se teñan en conta as circunstancias persoais do alumnado.
- Bolsas de estudo. Os préstamos estatais a interese cero serán un recurso máis (que na actualidade xa existe). As bolsas de estudo seguirán existindo, as súas cuantías dependerán, coma ate agora do Goberno.
- Antigos titulados. Os titulados cos plans antigos (os actuais) terán os mesmos dereitos laborais que aqueles que veñan posteriormente. En España xa teñen sucedido moitos plans de estudos, polo que se ten experiencia no ámbito. Os Licenciados en Pedagoxía / Psicopedagoxía / Educación Social / Maxisterios terán as mesmas posibilidades de acceso e promoción no mundo laboral que os Graduados en Pedagoxía / Psicopedagoxía / Educación Social / Maxisterios.
- Continuar a Posgrao. Ó doutoramento poderá accederse mediante un ano de master inicial (os master encamiñados á formación teñen perspectiva de integración profesional), que para os diplomados supoñerá unha pequena carga compensatoria.
- Cambio de nome.
- - A Diplomatura de Educación Social (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Social (catro anos).
- O Maxisterio de Educación Primaria (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria (catro anos).
- O Maxisterio de Educación Infantil (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Infantil (catro anos).
- O Maxisterio de Educación Musical (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria con mención en Educación Musical (catro anos).
- O Maxisterio de Lingua Estranxeira (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria con mención en Lingua Estranxeira (catro anos).
- A Licenciatura de Pedagoxía (catro anos) pasa a ser Grao en Pedagoxía (catro anos).
- A Licenciatura de Psicopedagoxía (catro anos) pasa a ser Master en Psicopedagoxía (60 créditos, previa titulación de Grao).
- O Curso de Adaptación Pedagóxica para profesorado de Secundaria pasa a ser Master. - Plans de Estudo.
- En primeiro curso de tódalas titulacións do Área de Ciencias Sociais terá que haber entre 34 e 60 créditos comúns a dita área (socioloxía, antropoloxía, economía, dereito...), de xeito que sexan validadas en calquera outra carreira de ciencias sociais.
- As mencións (= especialidades) serán as que xa existen na actualidade en Santiago (lingua estranxeira e educación musical) e ademais foméntase a creación de novas tecnoloxías, educación para adultos e biblioteca. Para obter unha mención haberá que cursar 36 créditos, pero non é obrigatorio tela cursado para exercer.
- A súa presentación definitiva espérase que sexa o 1 de xullo para o caso dos Graos de Maxisterio e o 1 de setembro para os Graos de Pedagoxía e Educación Social.
- Para elaborar os borradores de Grao e Master establecéronse comités de catro persoas (para establecer o perfil profesional).
- Para elaborar os proxectos de Grao e Master estableceranse tres comisións: 1. Pedagoxía e Educación Social, 2. Mestre Primaria e Infantil e 3. Master en Psicopedagoxía e Master para o profesorado de Secundaria. Estes últimos terán tamén a labor de deseñar a política de Posgrao, e a comisión de Mestre de Educación Primaria e Educación Infantil terán á súa vez que formar unha comisión mixta (Lugo – Santiago).
- Cada Comisión estará formada por os catro membros dos comités, a dirección dos departamentos implicados, a xestora académica e a representación estudiantil (dous de 1º e 2º Ciclo e un de 3º Ciclo).
Contamos cun Equipo Decanal que cree na necesaria participación do estudantado na política e na organización que guíe á nosa facultade, e especialmente considera importante a participación do alumnado na elaboración dos futuros Plans de Estudo. Os Representantes de Alumnos estamos aquí coma vía de representación. Queremos, e así no lo transmitiu tamén o Decanato, que nos propoñades as vosas dúbidas, as vosas iniciativas, as vosas necesidades, os vosos pensamentos... co fin de poder transmitir a opinión real de todo o conxunto estudiantil.
martes, 17 de junio de 2008
CONVERXENCIA EUROPEA. IDEAS CHAVE DOS NOVOS PLANS DE ESTUDO.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario