jueves, 5 de junio de 2008

5000 BOLSAS PARA MESTRES QUE QUERAN ESTUDAR INGLÉS NO ESTRANXEIRO



O Ministerio de Educación, Política Social e Deporte ven de convocar 5000 bolsas para estudantes e diplomados de maxisterio (en calquera das súas especialidades), dotadas dun importe de 4000€ cada unha, para a realización de cursos de inglés de 3 meses no estranxeiro.


As características e requisitos da beca resúmense nos seguintes puntos:




  • 5000 axudas dunha contía de 4000€ por persoa para realizar un curso de mínimo 12 semanas e 20 horas lectivas por semana en Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nueva Zelanda, Reino Unido e República de Irlanda.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de xuño de 2008.
  • O curso pódese realizar entre o 1 de setembro de 2008 e o 31 de agosto de 2009.
  • As axudas están dirixidas a persoas nadas despois do 31 de decembro de 1977 que teñan finalizado a diplomatura de Maxisterio en calquera das especialidades nos cursos académicos 2006-2007, 2005-2006, 2004-2005 ou 2003-2004 ou ben estean rematando neste curso 2007-2008. Estes últimos teñen que ter superado o 65% dos créditos da diplomatura na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e estar actualmente matriculados na carreira.


Estas axudas foron convocadas na Resolución do 9 de maio de 2008 e publicadas no B.O.E. do mércores 28 de maio de 2008 (número 129).



Tamén podes acceder dende a páxina web de convocatoria de idiomas do Ministerio, ou facer directamente a solicitude.

0 comentarios: