martes, 24 de junio de 2008

ABERTO PRAZO DE SUXESTIÓNS

En días pasados celebramos reunións de presentación ao conxunto do profesorado e representantes de estudantes dos documentos iniciais de novos planos de estudo, que se desenvolveron nun clima construtivo e de debate académico.

Tal como se acordou na Xunta de Facultade celebrada o 20 de xuño, ábrese un prazo ata o día 4 de xullo ás 14 horas para que profesorado e alumnado poida presentar nas oficinas do decanato (en papel ou vía correo electrónico) as achegas, suxestións ou observacións que considere oportunas.

Parece convinte que estas propostas, que poden ser de engadido, supresión ou cambio, vaian argumentadas e concretadas en alternativas.

As comisións estudarán as achegas, procurando integralas nun novo documento, sobre o que no mes de setembro decidirá a Xunta de Facultade.

Sobre este documento, resultado do acordo inicial, seguiranse elaborando os novos graos, que prevemos que estean finalizados a finais de novembro para a súa aprobación en Xunta de Facultade.



Propostas dos distintos Comités:

Grao en Educación Infantil.

Grao en Educación Primaria.

Grao en Educación Social.

Grao en Pedagoxía.

0 comentarios: