viernes, 14 de noviembre de 2008

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Dende o pasado día 11, e ate o mércores 19 de novembro está aberto o prazo de presentación de candidaturas para cubrir as prazas de representación estudantil na Xunta de Facultade.

Animámosvos a presentarvos!

CAFES CONCERTO NA FACULTADE

Onte pechouse o ciclo de cafés-concerto organizado pola Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Todo un éxito!

Desta ocasión na facultade do Campus Norte estiveron "AS DE COPAS" (After Rock), "AUREOURA" (Folk), "MORGAN CITY" (Pop Rock acústico), "CHISPA LATINA" (Música latina), "WILLIAM SIN MI" (Pop Rock), "XABIER PIÑEIRO" (Cantautor) e "STEVEN SEAGAL'S BIG BAND" (Rock & Jazz).

Esperemos podelo repetir pronto, quizais máis días e con máis grupos!!!

jueves, 13 de noviembre de 2008

APEGA, de Asociación a Colexio

Nestes momentos APEGA (Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia) atópase en pleno proceso de tranformación da Asociación en Colexio, polo que precísase a colaboración de todos Pedagogos/as, tanto egresados como en fase de formación, en beneficio de todos.


Convídase aos titulados en Pedagoxía a formar parte da Asociación en calidade de Socios (no propio sitio web tedes información para formalizar o proceso). O feito de ser socios ten moitas avantaxes (información sobre actividades de formación, ofertas de emprego e procesos de selección á función pública, colaboración coa Asociación en actividades de I+D, etc.).

Aqueles que aínda estades en etapa de formación, futuros Pedagogos/as, podedes solicitar a vosa inscrición gratuitamente, coas mesmas avantaxes e dereitos dos socios e, no momento, que teñades o Grado de Licenciado podedes convertirvos, automáticamente, en socios.

martes, 28 de octubre de 2008

EEES, Bolonia, Graos... dubidas?

Sabes o que significa EEES?
Sabes coma te vai afectar iso ao que chaman Plan Bolonia?
Sabes o que vai pasar coa túa titulación?
Queres saber se vas a poder traballar do que estudaches?
Queres continuar estudos e non sabes para onde tirar?
Estás en 2º ou 3º de carreira e non sabes se te vai coller?

Esas e moitas outras preguntas que teñamos atoparan resposta os vindeiros luns 10 de novembro ás 16h no Campus Norte e martes 11 de novembro ás 16h no Campus Sur.

O equipo decanal da nosa facultade convoca para esas datas unha reunión co alumnado para resolver as dúbidas e explicar o proceso dos Graos de Mestre en Educación Infantil e Primaria (10 de novembro) e dos Graos de Pedagoxía e Educación Social (11 de novembro).

Podes deixar as túas preguntas na caixa situada xunto ao tablón informativo semanal (campus sur).


VÉMONOS!

VOLUMEN 11 DA REVISTA EDUCACIÓN XX1


O último número da Revista Educación XX1 xa está a nosa disposición.
Nela colaboran algúns profesores da nosa facultade, entre outros expertos.

Se é do voso interese, podedes acceder a través da seguinte ligazón: http://www.uned.es/educacionXX1/ultimonumero.htm

XUNTA DE FACULTADE DO 27 DE OUTUBRO


Na Xuta de Facultade de onte aprobouse a estrutura dos graos de Pedagoxía (53 a favor, 1 en contra e 18 abstenións), Educación Social (50 a favor, 1 en contra e 12 abstencións), Mestre en Educación Infantil (37 a favor, 1 en contra e 18 abstencións) e Mestre en Educación Primaria. (31 a favor, 0 en contra e 10 abstencións).

Deuse carta verde a continuar traballando nas fichas das materias, mais as comisións deben estudar as propostas feitas na Xunta de Facultade, entre elas a revisión terminolóxica dalgunhas expresións coma "sistemas formativos en organización comunitarias e laborais", no canto do actual "sistemas formativos non formais e laborais" ou "aprendizaxe de lectura e escritura" polo actual "aprendizaxe de lectoescritura", tamén estudarase a inclusión de materias coma "técnicas de educación e formación en grupo" e "Pedagoxía da inclusión" en Pedagoxía, a situación lingüística que vive Galicia coma factor de inclusión - exclusión en Educación Social, as novas tecnoloxías e a educación intercultural nos graos de mestre...

Aprobouse a concesión da Insignia de Oura da Universidade, a título póstumo, ao profesor D. Gonzalo Anaya Santos.

Os representantes de alumnos solicitaron que tivese lugar antes do 15 de novembro a reunión informativa co estudantado que reclamamos por primeira vez fai un ano, reclamouse a necesidade dun taboleiro informativo no Campus Norte e outro no Campus Sur a disposición do alumnado para intercomunicarse, fíxose saber que no Campus Norte o alumno non dispón de tinta no aula de informática dende fai un ano, fíxose chegar a voz dun alumno interesado pola lectura de xornais doutra condición ideolóxica no punto de lectura da facultade e o grupo IESGA reclamou resposta ás propstas feitas o ano pasado.

viernes, 24 de octubre de 2008

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES PARA XUNTA DE FACULTADE

A Universidade vén de convocar eleccións de representantes de diferentes sectores (entre outros, estudantes de 1º, 2º e 3º ciclo) para Xuntas de Facultade.





Os prazos do proceso electoral son os que seguen:

  • Reclamacións ante a Secretaría Xeral contra o censo provisional: do 24 ao 29 de outubro.

  • Recurso ante a Comisión Electoral Central contra o censo: do 3 ao 5 de novembro.

  • Presentación de candidaturas: do 11 ao 19 de novembro.

  • Votacións: o 17 de decembro.



Máis información en http://www.usc.es/eleccions2008/2

Dende aquí animávosmos para que vos presentedes, ou cando menos vos acheguedes a votar, e así podamos colaborar e ter máis forza nos órganos colexiados da nosa facultade!

jueves, 23 de octubre de 2008

CURTAS NA REDE 2008


O 28 de outubro ten lugar no Teatro Colón de A Coruña o III concurso de curtametraxes na rede convocado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello de Xunvetude de Galicia.

Se vos interesa asistir enviade un correo a informacion@curtasnarede.es ou chamade ao número de teléfono 981569560.

Dende aquí, animámosvos a participar!

viernes, 17 de octubre de 2008

25 ANOS DE PARTICIPACIÓN XUVENIL EN DEMOCRACIA. PREMIOS CJE.


O "Consejo de la Juventud de España"( CJE ), cumpre 25 anos, e para celebralo acaba de convocar os premios " 25 años de participación juveníl en democracia CJE"

Se tes entre 14 e 30 anos podes participar neste concurso ata o 14 de novembro.

Para isto só tes que representar a importancia da participación xuvenil dentro da nosa sociedade a trevés de:

  • Unha reportaxe periodística: 2000 euros de premio + publicación
  • Unha tira de Cómic: 1500 euros de premio + publicación
  • Unha fotografía a toda cor : 1000 euros + publicación
Para ter máis información sobre os requisitos que teñen que cumplir as reportaxes, comics e fotos, consultade o documento de bases sito na páxina web.

jueves, 16 de octubre de 2008

"CONTRATO DE MAESTRAS DE 1923"

Un curioso exemplar das condicións de traballo das maestras no primeiro cuarto do século XX.

Quen de nós estaría disposta a firmalo? Quen de nós rexeitaría viaxar, ir ás xeaderías da cidade, saír da casa despois das 8 da tarde...? Quen estaría disposta a levar dúas enaguas e unha falda que non superase os cinco centímetros por enriba dos nocellos?

Dende logo un contrato curioso, que non estaría de máis mostrar, e por que non, estudar.

2º CONGRESO IBÉRICO "A FENDA DIXITAL"

A fin de semana do 21 ao 23 de novembro de 2008 terá lugar en Silleda o II Congreso Ibérico "A fenda dixital", que terá este ano coma tema de debate as TIC coma ponte entre a escola e a comunidade.

O número de prazas é ilimitado, pero o prezo de inscrición varia. Para os estudantes que se inscriban antes do 1 de novembro serán 15€, a partir de entón e ate o 19 do mesmo mes serán 20€. A asistencia ao congreso está recoñecida con 1 crédito de libre configuración polas tres universidades galegas (só para Facultades de Ciencias da Educación e Escolas de Maxisterio).

Podede opter o resto da información descargando o tríptico.

SIMPOSIO ILG 2008. TOPONIMIA E CARTOGRAFÍA.

Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2008 abordará o tema Toponimia e cartografía.

Será validado por un crédito de libre configuración, e a inscrición custa 30€.

Se queredes máis información, podédela atopar na seguinte páxina web: http://ilg.usc.es/ilgas/simposio_2008/

lunes, 13 de octubre de 2008

COMISIÓN DOS PLANOS DE ESTUDO DE EDUCACIÓN SOCIAL E PEDAGOXÍA

O pasado martes 7 de outubro, reuniuse a Comisión da nosa facultade que traballa no logro duns Planos de Estudos que alegren a tódolos sectores.

O Grao en Educación Social, despois das propostas realizadas antes do parón veraniego e unha vez incorporadas estas, prosigue camiño. A facultade pasa a ser informada da situación actual do plano e profesores especialistas en cada materia tratarán de acompañar de contido o que ate agora só eran nomes de asignaturas.

Se vos interesa podedes descargar as alegacións e as respostas a estas dos comités de espertos, así coma a proposta consensuada na comisión do pasado martes a carón do Plano de Educación Social.

O Grao en Pedagoxía non discorre coa mesma celeridade. O perfil profesional e o fincapé nas distintas áreas de coñecemento supón diversidade de opinións. Comeza agora un novo prazo de debate nos departamentos, nas áreas, no alumnado... todo para lograr un plan educativo acorde a tódolos sentimentos.

Seguiremos informando!

lunes, 22 de septiembre de 2008

AXUDAS E CURSO DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA

O Ministerio de Educación, Política Social y Deporte (MEPSYD), en colaboración coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), convocou 18.000 axudas para realizar un curso de inmersión en lingua inglesa.
Poderán solicitar estas axudas tódolos estudantes universitarios, de ciclos formativos, de grao superior ou de outros estudios superiores que teñan cursado os seus estudos nos cursos 2007 - 2008 ou 2006 - 2007 coa bolsa do polo entón Ministerio de Educación e Ciencia e que non teñan cumprido 30 anos a 31 de decembro de 2009.
Os cursos terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en Barcelona, A Coruña, Cuenca, Granada, La Linea de la Concepción, Madrid, Santander, Sevilla, Tenerife e Valencia, no periodo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 22 de decembro de 2009.
Os grupos constarán de 15 alumnos organizados en tres niveis distintos. Cada grupo disporá de 3 profesores e un auxiliar de conversación que convivirán cos estudantes e participarn con eles en tódalas súas actividades, incluíndo as comidas e actividades de tempo libre. O contido do curso será exclusivamente oral.
A UIMP facilitará aos participantes o material didáctico necesario para o seguimento do curso.
A axuda do MEPSYD cubrirá tanto os costos do curso coma os de aluxamento en habitacións dobres e a manutención en réxime de pensión completa. Os participantes deberán abonar 100 euros en concepto de reserva de praza e matrícula.
Os estudantes que superen con éxito o curso de inmersión obterán un diploma acreditativo expedido pola UIMP.
O prazo para a solicitude das axudas conclúe o 20 de outubro de 2008.
MÁIS INFORMACIÓN:

Se houbera máis solicitudes que axudas convocadas daríase prioridade ás rendas máis baixas na adxudicación das axudas.

A resolución da convocatoria comunicarase a través do enderezo electrónico que o solicitante sinale.

Os bolseiros deberán realizar unha avaliación de nivel (test) a través de internet.

A información relativa á realización do test, cursos, elección de sede e semana... poderá consultarse a través da páxina web da UIMP.

jueves, 18 de septiembre de 2008

12 BOLSAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS PARA FILLOS DE EMIGRANTES GALEGOS

A Fundación Pedro Barrié de la Maza e o Banco Pastor convocan para o curso académico 2008-2009 un máximo de 12 bolsas para estudos universitarios de 1º, 2º e 3º ciclo en centros dependentes das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo.

A bolsa ten carácter anual (curso académico 2008 - 2009) e unha dotación de 5000 euros baixo costo da matrícula como alumno oficial, así coma os desprazamos dende o seu lugar de orixe ate o lugar onde realice os seus estudos, no suposto de que o estudante resida no estranxeiro.

O prazo de solicitudes remata o 10 de outubro de 2008. A documentación pode entregarse en calquera oficina do Banco Pastor ou nas sedes da Fundación en A Coruña e Vigo. No caso de que non existe ningunha oficina do Banco Pastor na localidade do solicitante, enviarase ao seguinte enderezo: Banco Pastor S.A. Dirección Comercial - Publicidad, Cantón Pequeño, 1, 15003, A Coruña.

Para calquera aclaración complementaria pode porse en contacto coa responsábel de programas de bolsas da Fundación Dona Monserrat Orta no enderezo electrónico becas@fbarrie.org ou no teléfono 981.060.089.


Bases da convocatoria segundo o convenio de Colaboración Universidades Galegas - Fundación Pedro Barrié de la Maza - Banco Pastor, para a concesión de bolsas a fillos de emigrantes galegos no estranxeiro.

Solicitude de convocatoria de bolsas para fillos de emigrantes galegos no estranxeiro.

jueves, 10 de julio de 2008

BOLSAS COLABORACIÓN DO MEPSYD

Quedácheste sen pedir a bolsa da Xunta? Agora tes unha nova oportunidade coas bolsas do Estado!

1. Segundo a resolución do 13 de xuño de 2008 repartiranse 3.280 Bolsas Colaboración, das cales á Universidade de Santiago de Compostela correspóndenlle 125, que o Consello Social da USC encargarase de repartir por departamentos.

2. A dotación total da bolsa será de 2.700€. (3 horas de traballo diarias).

3. Segundo o réxime de compatibilidade só pode disfrutarse da bolsa nun único curso académico e por unha soa vez.

4. O prazo de presentación remata o 30 de setembro de 2008.



REQUISITOS ACADÉMICOS.
1. Non estar en posesión ou disposición legar de obter un título académico de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Máster oficial.
2. Ter superado todo o primeiro ciclo e o 45% dos créditos do 2º ciclo.
3. Ter unha nota media igual ou superior a 7.
4. Estar matriculado en 2008 - 2009 na totalidade de materiais que resten para finalizar estudos.


OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
1. Acreditar o cumprimento dos requisitios para a concesión da bolsa.
2. Someterse á verificación do cumprimento das condicións da bolsa.
3. Seguir os estudos nos que se matriculou durante o curso 2008 - 2009.
4. Prestar colaboración 3 horas diarias e ate o 30 de xuño de 2009.
5. Presentar a certificación acreditativa do departamento antes do 30 de xullo de 2009 na Subdirección Xeral de Bolsas.


REALIZA A SOLICITUDE
1. Cumplimentar o modelo de solicitude que aparece na páxina web do MEPSYD.
2. Imprime o modelo de solicitude en ficheiro PDF, firmao e entrégao na universidade cos seguintes documentos:

a. Proxecto de colaboración avalado e puntuado polo consello de departamento onde vai a desenvolverse (versará sobre unha materia troncal ou obrigatoria; figurarán as funcións, o réxime de traballo e o horario).
b. Fotocopia do DNI.
c. Certificación académica (debe figurar a denominación e número de materias que forman o plano de estudos, a indicación de si son cuatrimestrais e número de créditos que as integran, a calificación obtida polo solicitante e a constancia da matrícula para o ano 2008-2009).


CONCESIÓN DAS BOLSAS.
1. Poderás consultar o estado de tramitación do teu expediente na páxina web do MEPSYD.
2. O estudo das solicitudes presentadas farase na universidade, por un xurado designado polo Rector, quen presentará unha proposta de bolseiros antes do 31 de outubro.
3. A Subdirección Xeral de Tratamento da Información do MEPSYD expedirá os listados e credenciales coas bolsas de colaboración concedidas e denegadas no prazo de veinte días dende a data da proposta de concesión.



CALCULAR A NOTA MEDIA.

Táboa de equivalencias:
Matrícula de Honra = 10 puntos.
Sobresaínte = 9 puntos.
Notable = 7.5 puntos.
Aprobado = 5.5 puntos.
Suspenso ou non presentado = 2.5 puntos.


Fórmula para o cálculo: V = P x NCa / NCt.
Onde V = valor resultante da ponderación da nota obtida en cada materia.
P = puntuación de cada materia de acordo coa táboa de equivalencias.
NCa = número de créditos que integran a materia.
NCt = número de créditos total cursado.


Non se terán en conta para o cálculo da nota media os créditos que non teñan calificación ou aqueles que só podan calificarse coma "apto".

Os créditos validados dos que non figure a calificación valoraranse coma 5.5 puntos.

O alumnado que curse Pedagoxía ou Psicopedagoxía coma un segundo ciclo, contaralle a nota media da diplomatura que lle deu acceso.

viernes, 4 de julio de 2008

BOLSAS E AXUDAS XERAIS ANUAIS DO MEPSYD

O Ministerio de Educación, Política Social e Deporte xa convocou as bolsas xerais para o vindeiro curso académico.

- Convocatoria de bolsas para iniciar estudos no curso académico 2008-2009. Información Xeral.
- Convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material didáctico nos niveis obrigatorios da ensinanza (Primaria e ESO) para o curso 2008/09. Información Xeral.
- Convocatoria de bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios non universitarios. Curso 2008/09. Información Xeral.
- Convocatoria de becas de carácter xeral e de mobilidade para alumnado universitario e de outros estudos superiores. Curso 2008/09. Información Xeral.


Atoparás as convocatorias, impresos de solicitude e instruccións das mesmas na páxina web do Ministerio: http://www.mepsyd.es/mecd/jsp/plantilla.jsp?area=becas&id=433.

martes, 24 de junio de 2008

ABERTO PRAZO DE SUXESTIÓNS

En días pasados celebramos reunións de presentación ao conxunto do profesorado e representantes de estudantes dos documentos iniciais de novos planos de estudo, que se desenvolveron nun clima construtivo e de debate académico.

Tal como se acordou na Xunta de Facultade celebrada o 20 de xuño, ábrese un prazo ata o día 4 de xullo ás 14 horas para que profesorado e alumnado poida presentar nas oficinas do decanato (en papel ou vía correo electrónico) as achegas, suxestións ou observacións que considere oportunas.

Parece convinte que estas propostas, que poden ser de engadido, supresión ou cambio, vaian argumentadas e concretadas en alternativas.

As comisións estudarán as achegas, procurando integralas nun novo documento, sobre o que no mes de setembro decidirá a Xunta de Facultade.

Sobre este documento, resultado do acordo inicial, seguiranse elaborando os novos graos, que prevemos que estean finalizados a finais de novembro para a súa aprobación en Xunta de Facultade.



Propostas dos distintos Comités:

Grao en Educación Infantil.

Grao en Educación Primaria.

Grao en Educación Social.

Grao en Pedagoxía.

martes, 17 de junio de 2008

COMISIÓN DO LUNS 16 DE XUÑO

O proceso de elaboración dos novos Planos de Estudo atópase na actualidade na presentación por parte dos comités das súas propostas ás comisións, para aprobalas ou enmendalas.


Onte (16.06.2008) tivo lugar a primeira reunión da Comisión dos Graos de Educación Social e Pedagoxía, na que os respestivos comités presentaron as súas propostas e debatiuse sobre posíbeis enmendas, sen chegar a novo acordo.





Mañá (18.06.2008) están convocados a unha reunión sobre a elaboración dos Planos de Estudo de Educación Social e Pedagoxía os representantes de alumnos da nosa Facultade e o profesorado que imparte actualmente nestas carreiras.

En dita reunión exporase a proposta elaborada polos Comités de Educación Social e de Pedagoxía, aclararanse as dúbidas sobre os documentos presentados e daranse as orientacións sobre a recollida de suxestións e a continuación do procedemento de traballo no proceso de elaboración dos Planos.



Así pois, a partir de dita reunión, abrirase un 'turno de suxerencias' nas que todos a xeito individual ou conxunto podemos achegar as nosas propostas.

Sabemos que estamos en tempo de exames, pero o alumnado temos moito que aportar, por iso pregámosvos que lles botedes un vistazo ás propostas (adxuntadas nos ligazóns) e que nos remitades as vosas suxerencias, que nós faremos chegar nunha suxestión conxunta que faga referencia a tódalas ideas achegadas.



Podedes utilizar este espazo como foro, achegando as vosas ideas e debatindo, ou mesmo mandando un correo electrónico a eduusc@gmail.com.

LIÑAS XERAIS DA USC

Os ligazóns que figuran a continuación son os arquivos elaborados pola Comisión de Titulacións do Clautro Universitario da USC para a elaboración dos novos Plans de Estudos que se adapten ao Real Decreto 1393/2007 de "Ordenación de las Enseñanzas Universitarias Oficiales".

Liñas Xerais da USC.

Proceso de Tramitación de Graos.

Proceso de Tramitación de Másters.

CONVERXENCIA EUROPEA. IDEAS CHAVE DOS NOVOS PLANS DE ESTUDO.

  1. Cada curso académico terá 60 créditos. Recoñecerase cada crédito coma 25 horas de traballo, das cales entre 7 e 10 horas serán presenciais. Cada Grao compoñerase de 240 créditos a repartir en 4 anos.
  2. Diversificar a acción docente. Non só dar clases no aula, titorías e corrixir exames, senón tamén atención individualizada, seminarios, aulas de debate...
  3. Facilitar o estudo a distintas necesidades educativas. É un principio encadrado nos plans de estudos que se teñan en conta as circunstancias persoais do alumnado.
  4. Bolsas de estudo. Os préstamos estatais a interese cero serán un recurso máis (que na actualidade xa existe). As bolsas de estudo seguirán existindo, as súas cuantías dependerán, coma ate agora do Goberno.
  5. Antigos titulados. Os titulados cos plans antigos (os actuais) terán os mesmos dereitos laborais que aqueles que veñan posteriormente. En España xa teñen sucedido moitos plans de estudos, polo que se ten experiencia no ámbito. Os Licenciados en Pedagoxía / Psicopedagoxía / Educación Social / Maxisterios terán as mesmas posibilidades de acceso e promoción no mundo laboral que os Graduados en Pedagoxía / Psicopedagoxía / Educación Social / Maxisterios.
  6. Continuar a Posgrao. Ó doutoramento poderá accederse mediante un ano de master inicial (os master encamiñados á formación teñen perspectiva de integración profesional), que para os diplomados supoñerá unha pequena carga compensatoria.
  7. Cambio de nome.
  8. - A Diplomatura de Educación Social (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Social (catro anos).
    - O Maxisterio de Educación Primaria (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria (catro anos).
    - O Maxisterio de Educación Infantil (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Infantil (catro anos).
    - O Maxisterio de Educación Musical (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria con mención en Educación Musical (catro anos).
    - O Maxisterio de Lingua Estranxeira (tres anos) pasa a ser Grao en Educación Primaria con mención en Lingua Estranxeira (catro anos).
    - A Licenciatura de Pedagoxía (catro anos) pasa a ser Grao en Pedagoxía (catro anos).
    - A Licenciatura de Psicopedagoxía (catro anos) pasa a ser Master en Psicopedagoxía (60 créditos, previa titulación de Grao).
    - O Curso de Adaptación Pedagóxica para profesorado de Secundaria pasa a ser Master.
  9. Plans de Estudo.
    - En primeiro curso de tódalas titulacións do Área de Ciencias Sociais terá que haber entre 34 e 60 créditos comúns a dita área (socioloxía, antropoloxía, economía, dereito...), de xeito que sexan validadas en calquera outra carreira de ciencias sociais.
    - As mencións (= especialidades) serán as que xa existen na actualidade en Santiago (lingua estranxeira e educación musical) e ademais foméntase a creación de novas tecnoloxías, educación para adultos e biblioteca. Para obter unha mención haberá que cursar 36 créditos, pero non é obrigatorio tela cursado para exercer.
    - A súa presentación definitiva espérase que sexa o 1 de xullo para o caso dos Graos de Maxisterio e o 1 de setembro para os Graos de Pedagoxía e Educación Social.
    - Para elaborar os borradores de Grao e Master establecéronse comités de catro persoas (para establecer o perfil profesional).
    - Para elaborar os proxectos de Grao e Master estableceranse tres comisións: 1. Pedagoxía e Educación Social, 2. Mestre Primaria e Infantil e 3. Master en Psicopedagoxía e Master para o profesorado de Secundaria. Estes últimos terán tamén a labor de deseñar a política de Posgrao, e a comisión de Mestre de Educación Primaria e Educación Infantil terán á súa vez que formar unha comisión mixta (Lugo – Santiago).
    - Cada Comisión estará formada por os catro membros dos comités, a dirección dos departamentos implicados, a xestora académica e a representación estudiantil (dous de 1º e 2º Ciclo e un de 3º Ciclo).

    Contamos cun Equipo Decanal que cree na necesaria participación do estudantado na política e na organización que guíe á nosa facultade, e especialmente considera importante a participación do alumnado na elaboración dos futuros Plans de Estudo. Os Representantes de Alumnos estamos aquí coma vía de representación. Queremos, e así no lo transmitiu tamén o Decanato, que nos propoñades as vosas dúbidas, as vosas iniciativas, as vosas necesidades, os vosos pensamentos... co fin de poder transmitir a opinión real de todo o conxunto estudiantil.

CORTE NA REDE DA USC

O próximo fin de semán, os vindeiros días 21 e 22 de xuño, vaise realizar o cambio dos nodos troncais da rede de datos da USC, co obxecto de mellorar as prestacións da mesma. Este equipamento acaba de ser adquirido para ir progresivamente sustituindo o existente, que impedía mellorar as capacidades así como aspectos de seguridade e xestión da rede. Trátase dunha renovación tecnolóxica importante, despois de 14 anos de uso intensivo da actual tecnoloxía.

Estes traballos implican cortes no servizo de rede, segundo a seguinte planificación:

O sábado 21 realizarase o cambio de equipos do CPD e do nodo principal da rede, polo que haberá cortes prolongados en toda a rede, tanto interno como acceso externo.

O domingo 22 realizarase o cambio de equipos nos nodos da Facultade de Económicas e Casa da Balconada, polo que haberá cortes prolongados no servizo de rede nos Campus Norte e Histórico e, puntualmente, nos servizos de rede xerais.

O horario das intervencións, ámbolos dous dias, é de 9:00 a 22:00.

domingo, 15 de junio de 2008

...e antes de rematar...

paper_0212

jueves, 5 de junio de 2008

CONFERENCIA DE ANNE PHILLIPS

A secretaría de Métodos convídavos o vindeiro mércores 11 de xuño de 2008 ás 17 horas no Consello da Cultura Galega á conferencia de Anne Phillips dentro do ciclo “O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)”, un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente.
Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Maiz ten como obxectivo abordar os debates e investigacións máis recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión culutral, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo, etc. Logo das intervencións de pensadores como Slavoj Zizek, Féliz Duque, Alberto Ruíz de Samaniego, Darío Villanueva, Héctor Díaz de Polanco, Josep Ramoneda, Ernesto Laclau, Fernando Castro Flórez, Anne-Marie Thiesse ou, recentemente José Luis Villacañas, a seguinte das intervencións no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) terá lugar o vindeiro mércores 11 de xuño ás 17 horas na Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Contaremos coa presenza de Anne Phillips, proferoa de Teoría do Xénero no Gender Institute da London School of Economics and Political Science, que falará sobre “O Multiculturalismo sen cultura”. (Texto da intervención para o debate)
Entre as obras de Anne Phillips destacan Multiculturalims without Culture (Princeton U. Press, 2007), Oxford Handbook of Political Theory (2006), Which Equalities matter? (Polity Press, 1999), The Politics of Presence (Carendon Press, Oxford 1995) e Democracy and Difference (Polity Press, Cambridge, 19).
Debido ao aforo do lugar de celebración do encontro prégase que os asistentes confirmen a súa asistencia no enderezo electrónico: loxistica@consellodacultura.org ou nos teléfonos 981957209 e 981957210.

5000 BOLSAS PARA MESTRES QUE QUERAN ESTUDAR INGLÉS NO ESTRANXEIRO



O Ministerio de Educación, Política Social e Deporte ven de convocar 5000 bolsas para estudantes e diplomados de maxisterio (en calquera das súas especialidades), dotadas dun importe de 4000€ cada unha, para a realización de cursos de inglés de 3 meses no estranxeiro.


As características e requisitos da beca resúmense nos seguintes puntos:




  • 5000 axudas dunha contía de 4000€ por persoa para realizar un curso de mínimo 12 semanas e 20 horas lectivas por semana en Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nueva Zelanda, Reino Unido e República de Irlanda.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de xuño de 2008.
  • O curso pódese realizar entre o 1 de setembro de 2008 e o 31 de agosto de 2009.
  • As axudas están dirixidas a persoas nadas despois do 31 de decembro de 1977 que teñan finalizado a diplomatura de Maxisterio en calquera das especialidades nos cursos académicos 2006-2007, 2005-2006, 2004-2005 ou 2003-2004 ou ben estean rematando neste curso 2007-2008. Estes últimos teñen que ter superado o 65% dos créditos da diplomatura na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e estar actualmente matriculados na carreira.


Estas axudas foron convocadas na Resolución do 9 de maio de 2008 e publicadas no B.O.E. do mércores 28 de maio de 2008 (número 129).



Tamén podes acceder dende a páxina web de convocatoria de idiomas do Ministerio, ou facer directamente a solicitude.

O MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO OFRECE PÁXINAS WEB GRATIS DURANTE UN ANO

O programa “Jóvenes en Red” é unha iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio que ten coma obxectivo fomentar a presenza da xuventude en Internet. Comezou o pasado 15 de xaneiro e xa conta con 20.000 xoves adheridos ó programa.

Esta iniciativa ofrece a tódolos xoves de ate 30 anos, o rexistro do seu dominio.es así coma ferramentas para a creación de páxinas web de balde durante un ano, conta coa colaboración de catro empresas aloxamento, enderezo electrónico, ferramentas de contidos multimedia, espazo blog ou entornos sociais.

Se estás interesado, debes realizar a solicitude de maneira online a través do formulario que se atopa na web de Jóvenes en Red antes do 15 de xullo de 2008.

domingo, 25 de mayo de 2008

BOLSAS DE COLABORACIÓN XUNTA DE GALICIA

40 bolsas de colaboración en departamentos destinadas ao alumnado do último curso de ensinanzas universitarias que acredite expedientes académicos excelentes.

Contía: 350€ mensuais.

Duración: ate un máximo de 9 meses (do 1 de outubro de 2008 ate o 30 de xuño de 2009).

Prazo de solicitude: 10 de xuño de 2008.


Requisitos:



  1. Non estar en posesión ou en disposición legal de obter o título académico de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.

  2. Matricularse na totalidade das materias ou créditos que resten para rematar os estudos e ter superado o 1º Ciclo e o 45% dos créditos que integran o 2º.

  3. Presentar o proxecto de colaboración (versará sobre algunha das materias troncais ou obrigatorias da titulación).

  4. Posuír unha nota media simple no seu expediente académico igual ou superior a 1’80.

Convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia o 9 de maio de 2008. Podedes descargar a orde en formato .pdf (adxunta solicitude).



Nota: pode que coñezades as bolsas de colaboración que ten ofertado o MEC, a convocatoria para o vindeiro ano aínda non saíu (será no mes de xullo), pero podedes descargar a Orde da convocatoria 2007 – 2008 e facervos unha idea dos requisitos, duración, contía, prazos e compara-las bolsas da Xunta coas do Ministerio.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL - SAEE

Se estás a punto de rematar a carreira ou es recén titulado, na área de orientación laboral pódente axudar:


  • Ofrecen información e asesoramento sobre pasos para a búsqueda de emprego, saídas profesionais, currículum vitae, prácticas de empresas, oposicións, másters, posgrao...

  • Orientación para a planificación do teu proxecto profesional.

  • Ofertas de emprego para universitarios.

Solicita cita ou información en: Area de Orientación Laboral. SAEE. Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Casas Reais. Nº8. Santiago de Compostela. Teléfono: 981563100. Extensión: 12850.


jueves, 22 de mayo de 2008

Certame Galego de Creadores Novos (Gzcrea 2008)

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.


Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2008.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o día 30 de xuño de 2008 (incluído)

Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade no seu caso.

Establécense os seguintes premios por especialidade:
Un primeiro premio de 3.000 euros
Un segundo premio de 1.500 euros
Un terceiro premio de 1.000 euros


Para máis información: http://www.gzcrea.com/08/web/notic.php?idc=1

martes, 6 de mayo de 2008

Bolsas e axudas para a asistencia ás actividades académicas do curso 2008 da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

A Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) ven promovendo para a súa sede en Santander, e Centros Docentes e de Investigación (CDI) de Cuenca, Galicia, Pirineos, Santa Cruz de Tenerife, Sevilla e Valencia, sendas convocatorias de bolsas que se dirixen, fundamentalmente, a estudiantes universitarios, e pos-graduados, segundo se establece no artigo 18 dos Estatutos da UIMP (R.D. 331/2002, de 5 de abril, publicado no BOE de 12 de abril de 2002).

Estas bolsas teñen por obxecto facilitar e promover a participación nos distintos cursos que a Universidade imparte a quen presenten unha brillante traxectoria académica. As bolsas e axudas adopatarán as seguintes modalidades:

a) Bolsa completa. A bolsa completa consistirá en que a Universidade proporcionará o aloxamento e manutención nas sáus instalación e a asistencia de balde ó curso ou seminario ó que se solicite asistir. En ningún caso a bolsa comprenderá os gastos de desprazamento que se deriven dende o lugar de residencia habitual do solicitante ata as instalacións da Universidade onde se imparte o curso, gastos que correrán sempre por conta do alumno.

b) Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comprenderá exclusivamente a asistencia de balde ó curso ou seminario ó que se solicite asistir.

As bolsas concederanse en réxime de concurrencia competitiva.



Máis información en: http://www.mec.es/

BOLSAS RAI

Estimados/as alumnos/as delegados/as de aula e representantes de estudiantes:

Dirixímonos a vós, como responsables das Aulas RAI da Facultade no Campus Norte e Sur, para solicitar a vosa colaboración de cara a informar aos vosos/as compañeiros/as da Convocatoria Xeral de Bolsas de Apoio para as aulas de Informática dos Centros para o curso académico 2008-2009.

Trataríase de informar das características da bolsa, os seus requisitos, o procedemento para solicitala, as datas, a súa duración, contía e indicarlles que para calquera consulta poden poñerse en contacto connosco, co responsable da Rede de Aulas de Informática da USC (Quico Hortas) ou a través da páxina WEB: http://www.usc.es/atic/rai.

Pasamos agora a detallarvos a información que consideramos de interese:
Finalidade da Bolsa: Dotar de prazas de bolseiros/as á Aula de Informática do centro. Esta convocatoria servirá para cubrir as vacantes que xurdan para o curso académico 2008-2009; así como as novas bolsas que se puideran crear neste período.
Requisitos académicos dos/as solicitantes: Estar matriculado/a no presente curso académicos 2007-2008 como alumno/a de 1º ou 2º Ciclo da USC.

Selección dos candidatos/as: Cada bolsa está adscrita a un centro determinado. A dirección do centro nomeará unha comisión para realizar a valoración dos méritos aportados por cada candidatura que, xunto coa puntuación dunha proba práctica realizada pola ÁREA TIC, única para a totalidade dos/as solicitantes, constituirá o baremo de elaboración da listaxe de aspirantes de cada centro.

Procedemento para solicitar a bolsa: As bolsas poderán solicitarse para calquera centro da USC, deberase cubrir unha solicitude e aportar a documentación correspondente para cada un dos centros nos que se desexe optar a unha Bolsa de Apoio. O modelo de Solicitude da Bolsa, procedemento para cubrila e documentación que se debe presentar atópanse na páxina web: http://ww.usc.es/atic/rai así como toda a información desta convocatoria.
Prazo e lugar de presentación das solicitudes e documentación: do 5 de maio ao 16 de maio de 2008 na secretaría do centro para que se solicita a bolsa, e dirixida ao decano do centro.
Dedicación e duración da Bolsa: 15 horas semanais de outubro a xuño, prorrogables ata 4 cursos académicos.

Contía da Bolsa: 2.268 euros brutos por curso académico distribuidos en 9 mensualidades de 252 euros.

Proba práctica, lugar e hora: Consistirá nun test de tipo técnico sobre distintos aspectos básicos (windows, linux, comunicacións, ofimática, servizos da rede...). Esta proba será única para a totalidade dos solicitantes. Será o vernes 23 de maio ás 16 horas na Aula “A” da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e esperamos que esta información vos interese de cara á vosa formación e a dos vosos/as compañeiros/as. Reiterando que para calquera aclaración sobre dita convocatoria estamos a vosa enteira disposición.
Sen outro particular recibide un saúdo dos Responsables das aulas RAI na Facultade no Campus Norte e Sur.

Eulogio Pernas Morado e Elisa Teresa Zamora Rodríguez.

Santiago de Compostela a 30 de abril de 2008.

lunes, 21 de abril de 2008

Campaña contra a reducción horaria da Educación Física

Coa aplicación da normativa que regula os horarios de aplicación da Lei Orgánica de Educación (LOE), a materia de Educación Física en bacharelato contará con unha hora menos de docencia.

Se queres apoiar ou informarte sobre a CAMPAÑA EN CONTRA DA REDUCCIÓN HORARIA DA EDUCACIÓN FÍSICA NO SISTEMA EDUCATIVO GALEGO picha no seguinte link:

http://www.firmasonline.com/1Firmas/camp1.asp?C=1312

domingo, 13 de abril de 2008

Concurso Lingua de Amor do CXG

981foto01g

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico...animádevos...

jueves, 10 de abril de 2008

ACTA DA REUNIÓN DO DÍA 10 DE ABRIL DE 2008

Representación estudantil nas comisións de grao. Tendo en conta as datas nas que nos atopamos a proximidade do fin de curso e do límite co que conta a Facultade para presentar os futuros Plans de Estudo, Chegamos ao acordo de que nas tres comisións...máis no documento (Clic na frecha para descarga)


"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejarla libre para que se desarrolle".
Maria Montessori (1870-1952) Educadora y médica italiana.